BENVIDA

Estimadas familias:

A EEI Milladoiro invítavos a coñecer, a través do noso blog, as nosas experiencias e actividades do día a día , facéndovos partícipes e colaboradores da aprendizaxe dos vosos fillos e fillas.

Coa nosa ilusión e esforzo queremos que o alumnado descubra nas novas tecnoloxías unha ferramenta de achegamento e apertura á sociedade así como un elemento indispensable de comunicación, información e aprendizaxe.

¡Benvidos á nosa escola!

ACTIVIDADES DA NOSA ESCOLA

miércoles, 25 de abril de 2012

23 de Abril Día do Libro

Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, no corredor central da nosa escola, realizamos unha exposición onde nosas cativas e cativos expuseron as súas preferencias literarias.
video

martes, 7 de febrero de 2012

Día da Paz 30 xaneiro 2012

Na nosa Escola, con motivo do día da Paz, realizamos unha exposición baseada na multiculturalidade. O Equipo de Convivencia do Centro en colaboración coas familias reuneu diversos obxectos relacionados con outros pobos e / ou culturas dos cinco continentes.
Para que toda a Comunidade Educativa poidera visitala, o martes 31 de xaneiro, o Centro organizou unha xornada de portas abertas.